Metodoloxías Descrición Cualificación
Lecturas Avaliación das obras indicadas que o/a alumno/a debe ler ao longo do curso. 10
Obradoiro Avaliación das actividades de diferente tipoloxía referidas na metodoloxía. 20
Proba mixta Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico con comentario de textos e análise de fontes documentais. 40
Presentación oral Avaliación da presentación oral dalgún dos comentarios de textos realizados. 10
Traballos tutelados Texto(s) orai(s) e/ou escrito(s) en que o alumnado analizará algunha(s) da(s) obra(s) de lectura obrigatoria 15
Recensión bilbiográfica Avaliación da(s) reseña(s) avaliativa(s) de determinadas aportacións bibliográficas. 5
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha
cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Así mesmo, na proba mixta
deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes
elementos avaliables/instrumentos de avaliación.

O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no
prazo fixado.

O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e entregar
as mesmas probas e exercicios que o restante; se non puider asistir ás
titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico.

A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o
alumno/a non asistir á proba mixta e/ou cando tiver entregado un número das
actividades contempladas inferior ao 50%