Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Exercicios de análise e comentario lingüístico e literario de textos latinos. Estes exercicios levaranse a cabo maioritariamente nas sesións prácticas
Lecturas A lectura por conta do estudante da Eneida de Virxilio terá carácter obrigatorio e será avaliado mediante un control de lectura específico. Na aula darase lectura pública a textos diversos ao longo dalgunhas das sesións prácticas
Proba obxectiva Os estudantes farán un exercicio práctico a metade do cuatrimestre sobre as cuestións desenvolvidas nos cinco primeiros temas, e un segundo exercicio teórico a final de curso sobre as cuestións correspondentes aos cinco últimos temas.
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor de contidos relativos a cada un dos temas e subtemas co apoio de presentacións en formato power-point e documentación adicional en formato impreso ou dixital (en especial, recursos web)
Traballos tutelados O estudante elaborará por conta propia, baixo a supervisión do profesor, un traballo individual de análise literaria a propósito da Eneida