Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición, por parte dos docentes e en aula convencional, de conceptos teóricos necesarios para a realización do resto de actividades da materia
Seminario Exposición, por parte dos docentes, de contidos eminentemente prácticos nunha aula convencional, incluíndo demostracións do uso de ferramentas TIC
Traballos tutelados Realización de traballos, individualmente ou en grupo, baixo a supervisión dos docentes
Prácticas a través de TIC Realización de pequenas actividades na aula informática, para a adquisición de competencias no uso de diferentes ferramentas TIC
Aprendizaxe colaborativa Estudo de aplicacións de traballo colaborativo, fundamentalmente a través do uso das propias ferramentas
Proba mixta Realización dunha proba escrita para demostrar os coñecementos e competencias adquiridos en relación á materia