Metodoloxías
Traballos tutelados
Portafolios do alumno
Descrición
Para a realización do "Project" é fundamental que o estudantado informe a profesora ao longo do trimestre dos avances que vai facendo o grupo. Con ese fin, o grupo terá que entregar dúas fichas antes do traballo final e comentar o contido das fichas coa profesora ou profesoras.

As profesoras avaliarán ao longo do curso un máximo de catro redaccións de cada alumno/a. Os estudantes deberán ter en conta o seus erros ou carencias e comentalos coas profesoras antes de reescribir os traballos. Asemade, poderán facer todo tipo de consultas ou peticións de orientación sobre o material de autoaprendizaxe que queiran manexar e incluír no seu portafolios.

Ao menos dúas veces ao cuadrimestre todo o alumnado debería facer unha titoría coa(s) profesora(s), ben en persoa nas horas de titoría, ben por correo electrónico ou plataforma virtual. Nesa titoría farase un seguimento individiualizado de cada alumno e alumna e os seus progresos.