Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exporanse en clases teóricas os conceptos que o alumno debe coñecer para empezar unha carreira investigadora con éxito e desenvolver proxectos colaborativos utilizando as ferramentas dispoñibles. As actuais tendencias de supercomputación presentaranse a través de clases maxistrais ou conferencias de expertos nacionais e internacionais.


Seminario Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase
pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen
que chegar todos os compoñentes do seminario.
Prácticas de laboratorio Realización dun proxecto de renovación de equipamento dunha infraestrutura de supercomputación. O proxecto de renovación de equipamento realizarase en función das aplicacións informáticas máis utilizadas no devandito centro. O alumno proporá unha configuración de supercomputador para equipar ese centro pondo especial énfase na rede de interconexión, a arquitectura de memoria e a escalabilidade.

Deberanse realizar outros traballos relacionados con diferentes aspectos da materia. Estes traballos tutelados permiten ao alumno familiarizarse dende un punto de vista práctico coas cuestións expostas nas clases teóricas.