Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio As prácticas de laboratorio consistirán en diferentes actividades que se proporán ao longo do cuadrimestre relacionadas cos contidos da materia. 60
Proba obxectiva A proba obxectiva realizarase ao final do cuadrimestre e estará formada por preguntas relacionadas co temario desenvolvido nas sesións maxistrais e nas prácticas. 40
 
Observacións avaliación

Para a segunda oportunidade (exame de xullo) aplicaranse os mesmos criterios de avaliación. Os alumnos terán a posibilidade de realizar unha proba obxectiva sobre os contidos tratados nas sesións maxistrais e disporán dunha segunda data de entrega das prácticas propostas.

Para o itinerario de Tecnoloxías da Información, no que esta materia é optativa no 2º cuadrimestre, o peso da parte práctica será do 20% para traballos tutelados e o 40% para as prácticas de laboratorio.