Metodoloxías Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa Ao longo do curso realizaranse actividades e traballos que serán avaliados como grupo e individualmente. 20
Eventos científicos e/ou divulgativos A asistencia será obrigatoria e as alumnas e alumnos realizarán comentarios escritos acerca das actividades. 10
Discusión dirixida Participación nos debates de aula 10
Proba mixta Realizarase unha proba escrita que versará tanto sobre aspectos teóricos tratados na docencia expositiva como nos prácticos das sesións interactivas. Teranse en conta aspectos tales como coñecemento dos conceptos fundamentais da materia, corrección e claridade na expresión, capacidade de síntese, capacidade de relación e creatividade.
30
Saídas de campo A asistencia será obrigatoria e puntuará a participación activa, así como nas tarefas previas e posteriores ás mesmas. 30
 
Observacións avaliación

Ao ser unha materia cun marcado carácter participativo e de aplicación á didáctica, na avaliación terase en conta a asistencia a clase nas sesións
expositivas e a asistencia ás sesións de
docencia interactiva (que será obrigatoria) así como a participación activa nestas. Valorarase a participación e
cumprimento nas tarefas que se encomenden tanto individuais como en
grupo, os coñecementos adquiridos, a
comprensión e capacidade de
síntese, a claridade expositiva oral e escrita, a creatividade e as actitudes positivas.
Na primeira oportunidade
de avaliación terán carácter de NON PRESENTADO aqueles/as
alumno/as
que non concorran á proba mixta, e non realizaran as actividades e
tarefas encomendadas ao longo do curso que se inclúan nas metodoloxías
relacionadas. Por tanto, para ter NON PRESENTADO non poden ter feito
actividade ningunha da materia. Terán carácter de SUSPENSO
aqueles/as alumnos/as que non téndose presentado á proba mixta tiveran realizado previamente calquera das outras
actividades e tarefas encomendadas ao longo do curso que se inclúan nas metodoloxías. De superaren as avaliacións destas actividades, conservaráselles a cualificación ate a segunda
oportunidade de avaliación.