Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba obxectiva Exame final de tipo test (20 preguntas) 50
Proba de resposta múltiple Exame de tipo test (10 preguntas) 20
Prácticas a través de TIC Cuestionario que avaliará o coñecemento do programa estatístico empregado nas prácticas (R/R Commander) 30
 
Observacións avaliación

A proba obxectiva (exame final) abarcará os contidos de tódolos
temas (temas 1 a 7).
A proba de resposta múltiple realizarase ó longo do curso unha vez
impartido o tema 4, e abarcará os contidos dos temas 1 a 4, ámbolos dous
inclusive.
Para superar a asignatura na avaliación de maio é necesario acadar una
cualificación total mínima de 5, sendo en todo caso necesaria a
presentación á proba obxectiva. Quen non se presente á proba obxectiva
será cualificado como 'non presentado'. Na avaliación de xullo se fará
unha proba obxectiva similar á da avaliación de maio, que contribuirá á
cualificación cunha ponderación do 70%. Non se fará proba de resposta
múltiple nin se gardará a nota obtida na avaliación de maio nesa proba. O
30% restante consistirá na cualificación obtida na avaliación de maio
nas prácticas a través de TIC, que poderá complementarse mediante a
presentación opcional dun traballo. O traballo consistirá nunha análise
co software empregado nas prácticas (R/R Commander) dun caso práctico
proposto polo estudante e relacionado coa Enxeñaría. O traballo deberá
ser entregado antes da realización da proba obxectiva. Na avaliación do
traballo o profesor poderá pedir ó estudante explicacións e facerlle
preguntas sobre o traballo.