Esta materia profundiza no estudo da variación xenética desde unha perspectiva poboacional e evolutiva. Supón un exercicio de madurez intelectual e integración de coñecementos doutras disciplinas da licenciatura (Xenética, Bioquímica, Ecoloxía, Zooloxía e Botánica), polo que preferiblemente debe cursarse en 5º. Os seus descritores serían os seguintes: variación xenética e fenotípica; sistemas reprodutivos e de apareamento; diferenciación xenética; fontes de variación; selección darwiniana; deriva xenética aleatoria; evolución molecular; evolución de caracteres cuantitativos; especiación.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías