Código
|
Competencias da titulación
|
A3 |
Coñecer as aplicacións biotecnolóxicas dos microorganismos, plantas e animais e saber manipulalos de cara á súa aplicación biotecnolóxica. |
A4 |
Coñecer e saber usar as técnicas de cultivo e a enxeñaría celular. |
A8 |
Coñecer as bases do deseño e funcionamento dun bioreactor. |
A10 |
Saber realizar o deseño, planificación, avaliación e optimización de sistemas de produción biotecnolóxica. |
A12 |
Coñecer e saber aplicar os sistemas de control de calidade vixente. |
A13 |
Saber xestionar e traballar con garantías en calquera laboratorio biotecnolóxico do ámbito público ou privado. |
A21 |
Coñecer os recursos microbianos, vexetais e animais de interese biotecnolóxico así como as súas aplicacións na industria alimentaria e agropecuaria. |
A22 |
Coñecer, saber deseñar e controlar os procesos de produción nas industrias alimentarias e agropecuarias. |
A35 |
Coñecer os procesos de deseño, desenvolvemento e produción de vacinas e fármacos. |
B1 |
Capacidade de análise e síntese (localización de problemas e identificación das causas e a súa tipoloxía). |
B2 |
Capacidade de organización e planificación de todos os recursos (humanos, materiais, información e infraestruturas). |
B3 |
Capacidade de xestión da información (con apoio de tecnoloxías da información e as comunicacións). |
B4 |
Capacidade de planificación e elaboración de estudos técnicos en biotecnoloxía microbiana, vexetal e animal. |
B5 |
Capacidade de identificar problemas, buscar solucións e aplicalas nun contexto biotecnolóxico profesional ou de investigación. |
B6 |
Capacidade de comunicación oral e escrita dos plans e decisións tomadas. |
B7 |
Capacidade para formular xuízos sobre a problemática ética e social, actual e futura, que propón a Biotecnoloxía. |
B8 |
Capacidade de comunicación eficazmente coa comunidade científica, profesional e académica, así como con outros sectores e medios de comunicación. |
B9 |
Capacidade de Traballo en equipo multidepartamental dentro da empresa. |
B10 |
Capacidade de Traballo nun contexto de sostibilidade, caracterizado por: sensibilidade polo medio ambiente e polos diferentes organismos que o integran así como concienciación polo desenvolvemento sostible. |
B11 |
Racionamento crítico e respecto profundo pola ética e a integridade intelectual. |
B12 |
Adaptación a novas situacións legais, ou novidades tecnolóxicas así como a excepcionalidades asociadas a situacións de urxencia. |
B13 |
Aprendizaxe autónoma. |
B14 |
Liderazgo e capacidade de coordinación. |
B15 |
Sensibilización cara á calidade, o respecto medioambiental e o consumo responsable de recursos e a recuperación de residuos. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |