Datos Identificativos | 2013/14 | |||||||||||||
Asignatura | Química Inorgánica 4 | Código | 610G01024 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición | Cualificación |
Prácticas de laboratorio | A avaliación da parte experimental da asignatura supón un 80% da calificación final. Inclúe: 1. O traballo experimental do alumno, en particular no que se refire á planificación, organización, destreza e seguridade no traballo práctico. Valoraranse tamén os resultados da síntese e caracterización das especies propostas. (20%) 2. Grao de preparación previa de cada práctica e interpretación dos resultados e as conclusións obtidas na mesma. Serán avaliadas mediante entrevista persoal co alumno (35%). 3. Exposición oral na que se presentarán os experimentos desenvolvidos no laboratorio de xeito breve (15%). 4. Caderno de laboratorio e informes de cada unha das prácticas (30%). |
80 |
Traballos tutelados | Tanto o grao de preparación previa de cada práctica como a interpretación dos resultados e as conclusións obtidas ns mesma serán avaliadas mediante entrevista persoal co alumno. A súa porcentaxe inclúese no apartado "Prácticas de Laboratorio" | 0 |
Presentación oral | Valorarase a análise dos resultados e as conclusións extraídas do traballo experimental que presentará o alumno aos seus compañeiros. Tamén se valorará a súa participación activa nos debates. A súa porcentaxe inclúese no apartado "Prácticas de Laboratorio" | 0 |
Resumo | Valorarase o caderno de laboratorio elaborado por cada alumno, así como os informes de cada unha das prácticas realizadas. A súa porcentaxe inclúese no apartado "Prácticas de Laboratorio" | 0 |
Proba mixta | Tratarase dunha proba escrita que incluirá cuestións e problemas numéricos relacionados coa materia. | 20 |
Observacións avaliación | ||
Esta é unha materia eminentemente experimental, polo que a asistencia a todas as actividades presenciais do curso é obrigatoria. Os alumnos evaluados na segunda oportunidade só poderán optar á matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se esgotasen na primeira oportunidade. Respecto aos sucesivos cursos académicos, o proceso ensinanza-aprendizaxe, incluída a evaluación, refírese a un curso académico e, polo tanto, volve comezar cun novo curso académico, incluindo todas as actividades e procedementos de evaluación que se programen para dito curso. |