A proba mixta estará composta de dúas partes: Unha teórica e outra práctica que abranguerá a materia teórica e a resolución de problemas tratados durante o curso. O peso das partes na nota final será dun 15% para a parte teórica e un 35% para a de resolución de problemas. A nota desta proba sumarase á cualificación dos traballos tutelados obtida no curso. Para supera-la materia será preciso obter, tanto na proba mixta como no resto de actividades avaliables, unha nota non inferior a 4 e acadar, sumadas as cualificacións de tódalas actividades, unha nota mínima de 5. Para que se teña en conta as calificacións nas distintas actividades suxeitas a avaliación é preciso obte-la calificación mínima indicada anteriormente para cada unha delas. De non acadarse dita puntuación mínima nalgunha delas, a materia figurará como suspensa (4,5). Para obte-la cualificación de non presentado, os alumnos non poderán ter participado en máis dun 20 % das actividades avaliables programadas.
As calificaciones dos seminarios e traballos tutelados conservaránse na segunda oportunidade, namentres que a cualificación da proba mixta da segunda oportunidade sustituirá á obtida na primeira oportunidade. Os alumnos avaliados na segunda oportunidade só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se teñen cuberto na súa totalidade na primeira oportunidade.
Nos sucesivos cursos académicos, o proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico, e polo tanto voltaría a comenzar cun novo curso , incluidas tódalas actividades e procedementos de avaliación que fosen programados para dito curso.