Descrición xeral |
O Traballo de Fin de Grao consiste na elaboración integral e indivudual, por parte de cada estudante, dun proxecto concreto, baixo a dirección dun ou máis profesores, a elexir de entre unha relación feita pública anualmente.
Esta asignatura posibilita ao alumno a integración dos coñecementos e habilidades adquiridos durante os seus estudos de Grao, con espíritu crítico e autonomía. Asimesmo, permite avaliar a madurez do alumno respecto ao manexo de fontes bibliográficas e a súa capacidade de presentación de resultados, utilizando un diseño e linguaxe apropiados, oral e escrito.
Os Temas concretos dos Traballos de Fin de Grao daranse a coñecer ao principio do primeiro cuadrimestre de cada curso académico. Serán función dos alumnos matriculados e a dispoñibilidade de profesores para dirixilos, e estarán relacionados cos contidos formativos recibidos, así como as capacidades, competencias e habilidades adquiridas durante o período de docencia no grao. |