Prácticas de laboratorio |
As clases prácticas comprenderán unha base explicativa por parte do profesor sobre a base conceptual e obxectivos a acadar e o desenvolvemento de tarefas por parte do alumno, seguindo un guión subministrado previamente. Preténdese que o alumno teña a máxima autonomía, facilitándolle medios e orientación. Asimesmo, o alumnado deberá completar, previamente á realización das prácticas, un test curto que avalíe o seu grao de comprensión do devandito guión. |
Proba mixta |
A proba mixta consistirá en preguntas curtas ou de tipo test e resolución de problemas. |
Sesión maxistral |
Nas clases maxistrais o profesor explicará os contidos fundamentais de cada tema do programa e sinalará as actividades asociadas a este. Estas incluirán a consulta de bibliografía, a resolución de boletíns de cuestións e problemas, ou a eleboración dun traballo que o alumno deberá elaborar en grupo ou individualmente. |