Temas Subtemas
TEMA 1.- DIVERSIDADE DA VARIACIÓN XENÉTICA. Conceptos e termos de uso común en xenética evolutiva. Conceptos estatísticos básicos. Estimas do grao de variación xenética. Distintos tipos de observacións da variación xenética.
TEMA 2.- XENÉTICA CUANTITATIVA. Clases de carácteres fenotípicos. Carácteres contínuos. Valor reprodutivo e valor xenotípico dun xenotipo. Valor ambiental. Sensibilidade ambiental dun xenotipo. Descomposición da varianza fenotípica. Estima do n.º mínimo de loci (QTL's) que afecta a un carácter. Cartografía de QTL's. Herdabilidade.
TEMA 3.- EFECTOS DOS SISTEMAS REPRODUCTIVOS E TIPOS DE APAREAMIENTO SOBRE A VARIACIÓN XENÉTICA. Mantemento da variación xenética en poboacións con reprodución sexual e apareamento aleatorio: lei de Hardy-Weinberg (H-W); desviacións das expectativas H-W. Efectos da reprodución asexual e os apareamentos non aleatorios sobre a variación xenética: partenoxénese; consanguinidade e endogamia; sistemas regulares de apareamentos consanguíneos e clasificados.
TEMA 4.- PROCESO DISPERSIVO DAS FRECUENCIAS XÉNICAS EN POBOACIÓNS PEQUENAS. Mostraxe de gametos e varianza das frecuencias xénicas. Modelo Wright-Fisher. Varianza da frecuencia xénica entre illados poboacionais. Consanguinidade dentro de illados. Efectos sobre o grao de heterocigosis do xenoma dun individuo. Concepto de tamaño efectivo de poboación. Estima do tamaño efectivo dunha poboación. Efecto fundador e colos de botella.
TEMA 5: MUTACIÓN E FLUXO XÉNICO. Clases de mutacións: substitucións nucleotídicas; insercións e deficiencias; duplicacións; reordenacións cromosómicas. Taxas de mutación. Cambio nas frecuencias alélicas producido por mutación. Destino dun mutante único. Modelos de mutación en xenética molecular de poboacións. Migración e fluxo xénico. Cambio nas frecuencias alélicas producido por migración; modelo continente-illa; modelo arquipélago. Mutación e migración en poboacións finitas.
TEMA 6: MODELOS BÁSICOS DO EFECTO DA SELECCIÓN SOBRE AS FRECUENCIAS XÉNICAS. Selección natural. Concepto de "fitness". Clases de selección. Modelo haploide. Modelo diploide. Efectos da selección sobre o tamaño de poboación; selección dura vs selección branda. Polimorfismos mantidos mediante coeficientes de selección constantes. Depresión endogámica e vigor híbrido.
TEMA 7: DESEQUILIBRIO GAMÉTICO E RECOMBINACIÓN. Grupos de ligamento. Cuantificación do desequilibrio. Acción aleatorizante da recombinación. Factores que afectan ao desequilibrio. Beneficio evolutivo da recombinación. Interaccións entre xenes non alélicos na determinación da fitness. Coadaptación xenética. Transmisión horizontal.
TEMA 8: INTERACCIÓNS DA SELECCIÓN NATURAL CON OUTRAS FORZAS EVOLUTIVAS. Equilibrio mutación-selección; carga xenética; principio Haldane-Muller. Interacción da selección coa recombinación; trinquete de Muller. Interacción da selección co sistema de apareamento. Equilibrio migración-selección. Interacción da selección coa deriva xenética. Interacción de selección, deriva e mutación. Interacción de selección, deriva e migración.
TEMA 9: ESTIMACIÓN DA FITNESS BIOLÓXICA. Compoñentes da fitness. Comparacións entre xeracións. Comparando o antes e o despois da acción do axente selectivo. Comparacións entre fases dentro do ciclo vital. Estimas espurias da fitness.
TEMA 10: COEFICIENTES DE SELECCIÓN VARIABLES. Mosaicos ambientais. Variación espacial. Variación temporal. Selección, fluxo xénico e clinas. Selección dependente das frecuencias. Pleiotropismo antagónico. Conflitos xenéticos. Selección sexual. Selección de grupo.
TEMA 11: SELECCIÓN SOBRE CARACTERES CUANTITATIVOS. Conceptos básicos. Clases de selección. Efectos a curto prazo. Estima da herdabilidade realizada. Efectos a longo prazo. Resposta correlacionar á selección. Xenética cuantitativa evolutiva.
TEMA 12.- AS TEORÍAS NEUTRAL E CASI NEUTRAL DA EVOLUCIÓN MOLECULAR. Controversias históricas sobre os niveis de heterocigosis do xenoma. Deriva xenética e selección natural. Alelos selectivamente equivalentes. Taxas de evolución. Evolución molecular vs. evolución da forma e función. Diversas predicións da hipótese neutralista. Consecuencias da "case neutralidade".
TEMA 13.- DETECCIÓN DA SELECCIÓN NATURAL E POSTA A PROBA DA HIPÓTESE NEUTRALISTA. Diversos modelos de evolución das secuencias de DNA. Límites á diverxencia nucleotídica. Estima do número de substitucións nucleotídicas. Taxas de substitución nucleotídica. Monstros esperanzados. Evolución modular. Pseudoxenes. Efectos da selección directa sobre o polimorfismo e a diverxencia nucleotídica. A importancia da recombinación: varrido selectivo e selección de fondo. Probas estatísticas.
TEMA 14.- ESTRUTURA XENÉTICA, HISTORIA DEMOGRÁFICA E FILOXENIA DAS POBOACIÓNS. Poboacións subdivididas. Niveis de diferenciación xénica. Índices de estruturación das poboacións. Efectos das expansións ou contraccións recentes da poboación sobre o polimorfismo. Xenealoxías de xenes. Teoría da coalescencia. Árbores filoxenéticas.
TEMA 15.- ORIXE DAS ESPECIES. Por que existen especies distintas? Modos xeográficos de especiación. O equilibrio puntuado dos estratos xeolóxicos. Especiación e estrutura das topografías de fitness. Evolución das incompatibilidades xenéticas dos híbridos. Interacción entre selección disruptiva e apareamento aleatorio. Regras xerais da especiación e da diversificación evolutiva.