Metodoloxías Descrición Cualificación
Presentación oral Exposición oral de 10 minutos, en inglés, sobre un tema monográfico asignado polo profesor.
A valoración efectuarase mediante unha rúbrica que recolle tanto aspectos formais como de contido. Un 40% da cualificación deste apartado será por proposta dos alumnos. A presentación oral deberá ir acompañada dun pequeno guión descritivo do seu contido, con indicación das principais fontes documentais (1 páxina A4, con letra tamaño 12 e como máximo 10 referencias bibliográficas).
12
Foro virtual Valorarase o número e calidade das contribucións aos foros abertos en Moodle. As contribucións serán xulgadas atendendo aos seguintes aspectos: (1) localización de fontes de datos complementarios aos xa citados no foro; (2) corrección lingüística do texto que acompañe á achega; (3) crítica científica que conteña; (4) suxestión razoada de posibles extensións/modificacións das investigacións comentadas no foro; e (5) proposta de novos proxectos de investigación relacionados co tema monográfico. 28
Aprendizaxe colaborativa 10
Prácticas a través de TIC Realización de varios exercicios de xenética evolutiva cun ordenador persoal, empregando os programas informáticos utilizados nas prácticas. É imprescindible obter polo menos 6 puntos nesta proba para aprobar a materia. 12
Proba obxectiva Conxunto de 20-30 preguntas de distinto tipo (alternativa múltiple, resposta breve, completar, asociación, etc) relacionadas con calquera dos contidos do temario. Corresponde ao exame final da materia. É imprescindible obter polo menos 20 puntos nesta proba para aprobar a materia. 38
 
Observacións avaliación

Consideraranse presentados todos os alumnos que fixesen a presentación oral, o exame de prácticas ou a proba obxectiva.