Metodoloxías Descrición Cualificación
Estudo de casos Valorarase a calidade, orixinalidade e presentación dos dous traballos realizados (filoxenético e florístico). 28
Sesión maxistral Os estudantes realizarán una proba escrita para valorar os coñecementos adquiridos. Esta proba incluirá preguntas test, preguntas curtas e preguntas tema. 55
Seminario Valorarase asistencia e participación 1
Saídas de campo Valorarase asistencia e participación 1
Prácticas de laboratorio Os estudantes realizarán un cuestionario por cada unha das sesións de laboratorio que será avaliado. Unha vez rematadas as prácticas, realizarase un exame de visu no que cada estudante deberá recoñecer 10 especies dunha lista de 60 entre as que están algunhas das máis representativas do NW da Península Ibérica. A lista se lles entregará os alumnos ó principio do curso. 15
 
Observacións avaliación

Todos os estudantes terán dúas
oportunidades para superar o curso. Na primeira oportunidade, os estudantes
precisarán ter participado en alomenos o 70% das actividades avaliables. Asi
mesmo, os estudantes precisarán obter alomenos un 4.0 no exame escrito, nas
prácticas (incluido o visu) e os casos para que as notas destas partes
se consideren para a nota final (e para que se poida aprobar a materia). A
nota media para superar a materia debe ser un 5.0. Para que figure non presentado na nota, os alumnos non poderán participar en máis do 30% das actividades.

 Na segunda oportunidade os estudantes deberán mellorar as notas
obtidas nas distintas partes para chegaren a unha nota media de 5 e superar a
materia. Aquelas actividades que teñan sido avaliadas con menos
de 4.0 deberán repetirse en todos os casos (agás os cuestionarios das prácticas). Nesta segunda oportunidade o exame de visu incluirá 15 plantas da
lista.