Metodoloxías Descrición Cualificación
Seminario Nos traballos realizados e expostos individualmente avaliaráse tanto a calidade do traballo como da exposición oral. Nos demás tipos de seminario (charla de conferenciante invitado ou discusión de publicación científica) avaliarase a participación activa, e nalgúns casos poderá haber un examen curto ao final.Os alumnos que non asistan aos seminarios e, polo tanto, non estean presentes nas sesións de discusión nin realicen os exames curtos, obterán unha cualificación de 0 puntos na actividade realizada ese día.A nota obtida nos seminarios manterase invariable para o cómputo da nota final, no caso dos alumnos que teñan que acudir á segunda oportunidade (xullo). 20
Proba obxectiva Trátase dunha proba con tres partes: unha parte tipo "test" na que se preguntarán conceptos básicos da materia (40%); Unha parte de respostas curtas na que se prantexarán problemas para que sexan resoltos polo alumno (30%), e un tema longo no que o alumno deberá integrar distintos temas da materia (30%). 60
Estudo de casos Os estudos de casos son de caracter obrigatorio. O alumno entregará ao final de cada estudo de caso, un resumen cas principáis conclusións obtidas tanto do traballo desenvolvido individualmente como da discusión final conxunta. A nota obtida nestes casos de estudo manterase invariable para o cómputo da nota final, no caso dos alumnos que teñan que acudir á segunda oportunidade (xullo). 20
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia terá en conta o coñecemento do programa
teórico, as actividades prácticas realizadas como"estudo de casos", así como os debates e os
exames curtos realizados nos seminarios.
Para aprobar a materia haberá que cumprir cos criterios de avaliación estipulados e obter unha puntuación mínima de 5,0 puntos.
Para
as cualificacións finais de ambas oportunidades, serán considerados
como “Non presentados” aqueles alumnos que non comparezan nas probas
obxectivas nas datas oficiais sinaladas.

Serán consdierados como
“Suspensos” os alumnos presentados que non acaden a puntuación global de
5,0 puntos ou non cheguen a 4,0 puntos sobre 10 na proba obxectiva
(independentemente da nota obtida nos seminarios, nas prácticas e no
exame “de visu”).

Se, por razóns debidamente xustificadas, de
acordo coa normativa vixente, un alumno se vira imposibilitado para
asistir a algunha sesión dos estudos de caso p e/ou de seminarios, deberá (no
caso dos estudos de casos) ou poderá (no caso dos seminarios) facer fronte a
probas específicas ou actividades alternativas que se engadirán á “proba
obxectiva”. A nota acadada nesas probas específicas ou actividades
alternativas adicionaráse á xa obtida nos estudos de caso e seminarios nos que
participou.