Datos Identificativos | 2013/14 | |||||||||||||
Asignatura | Fisioloxía Animal: Fisioloxía Animal I | Código | 610G02035 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición | Cualificación |
Portafolios do alumno | Deberá ser presentado con CARÁCTER OBRIGATORIO e individualmente por todos os alumnos de cada grupo de prácticas, dentro das 3 semanas seguintes ao remate das mesmas. No caso dos monitores, que non terán que presentar caderno de prácticas, a avaliación estará baseada conxuntamente no traballo realizado no laboratorio ao longo das sesións de prácticas dos diferentes grupos, computando así conxuntamente até un total de 2+18= 20%. |
18 |
Proba obxectiva | Haberá un exame final da materia ao remate do cuadrimestre. A proba, con preguntas curtas, estará centrada na materia abordada nas sesións maxistrais e aqueles aspectos que pola súa relevancia foron debatidos novamente e desenvoltos no contexto dos seminarios. Computará como o 60% na nota final (máximo 6 puntos sobre 10, se ben É PRECISO OBTER UN MÍNIMO de 4.5 puntos sobre 10 para aprobar a materia). |
60 |
Prácticas de laboratorio | OBRIGATORIAS nesta materia de carácter experimental, serán avaliadas en base ao traballo realizado no laboratorio ao longo das mesmas, así como a traveso da cualificación do caderno de prácticas que aparece baixo o epígrafe "Portafolios do alumno", avaliándose conxuntamente. Prácticas realizadas en cursos previos no caso de alumnos repetidores, gárdase a cualificación por 3 anos. |
2 |
Traballos tutelados | Destácase o SEU CARÁCTER OBRIGATORIO. Consistirá na elaboración dun texto e presentación gráfica por cada grupo de traballo, que serán oportunamente entregados ao profesor. No suposto de que foran expostos nunha sesión de Seminario, esta sería avaliada no contexto dos mesmos. Traballos realizados en cursos previos no caso dos alumnos repetidores, gárdase a cualificación por 1 ano. |
10 |
Seminario | Debates en forma de discusión/exames desenvoltos por cada grupo reducido de alumnos (ou exames curtos) e que serán CONSIDERADOS COMO PARTE da AVALIACIÓN INDIVIDUAL en función da participación/aportación/exame curto de cada alumno. O ALUMNO AUSENTE nestes debates terá unha cualificación de 0 puntos na actividade desenvolta nesa xornada. No caso de que houbera presentación/exposición de grupos de traballo, contemplados como tales na avaliación de Traballos tutelados, a presentación tamén formaría parte da avaliación dentro dos seminarios. |
10 |
Observacións avaliación | ||
A avaliación da materia terá en conta o coñecemento do programa teórico, as actividades prácticas de laboratorio realizadas e os traballos tutelados en grupo. Valoraranse os coñecementos adquiridos, a comprensión e capacidade de síntese, a claridade expositiva e as habilidades adquiridas. -Na primeira oportunidade de avaliación terán -Terán carácter de SUSPENSO -Os alumnos que concorrendo a Terán carácter de NON Serán cualificados con SUSPENSO |