Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Leccións maxistrais presenciais de 50' sobre aspectos teóricos do programa, co emprego de presentacións en PowerPoint ou PDF que estarán a disposición dos alumnos na UCV. Nestas sesións, cun contido que supón unha elaboración orixinal, trátase de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Seminario -A desenvolver nas horas de teoría en grupos reducidos de alumnos, nos que se poderá incidir sobre os aspectos máis relevantes tratados previamente nas sesións maxistrais, ou ben conceptos complementarios.
-Asimesmo, no contexto destes seminarios, poderanse levar a cabo conxuntamente debates, exercicios escritos e actividades relacionadas coa materia da asignatura, tendo en conta a participación dos diversos alumnos que conforman o grupo. Os resultados SERÁN CONSIDERADOS COMO PARTE DA AVALIACIÓN INDIVIDUAL.
-Un terceiro aspecto que podería ou non desenvolverse nestes seminarios (segundo a dispoñibilidade de tempo) será a presentación/exposición de traballos realizados por grupos de 3-4 alumnos -dando lugar a 3 grupos de traballo en cada grupo reducido de 10 alumnos-, e que se describen no apartado "Traballos tutelados", sendo CONSIDERADOS COMO PARTE DA AVALIACIÓN.
Traballos tutelados Elaboración de traballos en grupos de 3-4 alumnos, supervisados e dinamizados polo profesor, sobre aspectos do programa ou relacionados co mesmo. Destácase o seu CARÁCTER OBRIGATORIO.
O traballo será escollido dun listado de temas ofrecido polo profesor, terá unha extensión non superior a 10 páxinas, e deberá ser entregado ao profesor, así como unha presentación gráfica do traballo. A data de entrega será aquela na que se aborde a temática do traballo dentro do bloque temático do programa teórico da materia, nas horas de docencia expositiva. A elaboración previa requirirá debate entre os integrantes do G.T. e o profesor, delimitando e orientando o traballo obxecto de atención. Segundo a disponibilidade de tempo, poderían ser finalmente presentados por grupos de alumnos nunha das sesións de seminario, participando todos os alumnos do grupo na exposición.
Prácticas de laboratorio Prácticas de laboratorio de CARÁCTER OBRIGATORIO en sesións de 4 horas, desenvolvendo unhas 6-7 prácticas (1 ou 2 por sesión).
Requiren do manexo de organismos ou ben deseño virtual, para o estudo de diferentes funcións abordadas no programa teórico.
Portafolios do alumno Preparación dun CADERNO DE PRÁCTICAS de CARÁCTER OBRIGATORIO (os alumnos que participaran como monitores non presentarán este caderno), dunha extensión non superior ás 10 páxinas (material gráfico excluído), aportando os datos obtidos nas prácticas e discusión e interpretación dos mesmos. Este caderno de prácticas deberá ser entregados dentro das 3 semanas do remate do grupo de prácticas correspondente.
Proba obxectiva Realización dun exame final ao remate do cuadrimestre. Esta proba estará centrada na materia impartida nas sesións maxistrais e aqueles aspectos debatidos nos seminarios, excluíndo o abordado no contexto dos traballos tutelados, que serán expostos exclusivamente nos seminarios.