Obradoiro |
Esta porcentaxe corresponde á lectura e aproveitamento dos materiais, á participación activa na aula e ao desempeño xeral do estudante. Lea atentamente o apartado de observacións. |
10 |
Por esixencia do deseño da aplicación coa que se elabora esta guía docente, as porcentaxes ofrecidas arriba non se corresponden ben coas metodoloxías ás que se adxudican. Lea atentamente a información que segue.
1. É imprescindible asistir ás sesións presenciais, dado o plantexamento teórico-aplicado que se fai da materia.
2. A cualificación do estudante responderá ás seguintes porcentaxes:
2.1. O estudante recibirá un 20% da súa cualificación final pola lectura e aproveitamento dos materiais, a súa participación activa nas aulas e o seu desempeño xeral. 2.2. Obterá un 80% pola realización de varias actividades: nelas plantexaránselle problemas e casos prácticos para cuxa solución deberá aplicar os coñecementos e habilidades adquiridos.
3. No caso de non acadar o aprobado ou non presentarse, os alumnos contan cunha segunda oportunidade en xullo de 2013. Nela deberán completar as actividades e/ou traballos avaliables encomendados e non entregados, ou realizar outros novos segundo as indicacións do profesor. O reparto porcentual será idéntico ao da primeira oportunidade. 4. Os estudantes que teñan unha dispensa académica oficial recibirán o 100% da súa cualificación polas actividades avaliables de curso que se encomenden.
|