Datos Identificativos | 2013/14 | |||||||||||||
Asignatura | Sociolingüística | Código | 613436008 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Discusión dirixida | Técnica de dinámica de grupos na que os alumnos discutirán de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que coordinados polo/a profesor/a. |
Obradoiro | Combinaranse diversas metodoloxías/probas (basicamente, debates, solución de problemas e prácticas guiadas) a través da que o alumnado desenvolverá tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do/a profesor/a. |
Lecturas | Conxunto de artigos e capítulos de libro seleccionados polo profesor para a preparación dos distintos contidos da materia. |
Sesión maxistral | O profesor exporá os contenidos xerais dos temas. |
Traballos tutelados | Informes das lecturas seleccionadas polo profesor, que requerirán unha lectura crítica dos distintos traballos. Deberán axustarse ao formato que se indica a continuación: Nome e apelidos Autor: Título: Fonte: Data de entrega: 1) Sinale con claridade tres ideas do texto que considere útiles e/ou novidosas (especifique se as atopa útiles ou se as atopa novas). 2) Cales son os puntos máis relevantes e/ou os argumentos máis poderosos nesta lectura? Atopa algunha debilidade ou algunha insuficiencia na argumentación? Que críticas formularía? (Extensión mínima: 400 palabras; extensión máxima: 800 palabras). IMPORTANTE: Non se trata de resumir a lectura (algo que será penalizado na cualificación), senón de reaccionar ante ela. Non debería haber máis de dous ou tres puntos relevantes en cada lectura; se lle saen máis, é que se está encamiñando cara ao resumo. 3) Relacione esta lectura con algún outro texto que lese ou con algunha experiencia persoal, sinalando afinidades e/ou diferenzas. 4) Formule tres preguntas que lle gustaría facerlle ao autor/a de este texto. 5) Indique algún traballo mencionado na lectura que lle gustaría ler, e explique os motivos. 6) Nunha escala de 1 (moi fácil) a 5 (moi difícil), sinale o grao de dificultade da lectura. Pode engadir os comentarios que lle parezan oportunos. 7) Indique coa maior precisión posible: a) o tempo (en minutos) empregado na lectura deste texto; b) o tempo (en minutos) empregado na preparación deste informe. |
Proba mixta | Proba que integra preguntas abertas de desenvolvemento e preguntas obxectivas de resposta breve ou múltiple. |