Código Competencias da titulación
A2 Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e os seus cambios de paradigma.
A3 Ser capaz de desenvolver un enfoque orixinal e creativo na investigación avanzada no ámbito dos estudos literarios e culturais.
A4 Analizar e interpretar textos, aplicando diferentes modelos teóricos e xenéricos.
B4 Desenvolver habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntese, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador.
B5 Integrar coñecementos de campos de estudo diversos.
B7 Adquirir a capacidade de concebir e deseñar proxectos de investigación con rigor académico.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.