Metodoloxías
Traballos tutelados
Obradoiro
Sesión maxistral
Descrición
É previsible que existan certas diferencias entre o alumnado en canto a súa formación de inicio ou a súa familiarización con determinados conceptos culturais e habilidades. Por esta razón cómpre desenvolver unha atención personalizada (especialmente para a realización do traballo fora da aula), mediante entrevista persoal ou a través de correo electrónico.
O traballo tutelado requerirá de, cando menos, dúas titorías co profesor antes da súa entrega. O alumno poderá sempre, se for preciso, requerir atención personalizada do profesor, tanto nas sesións presenciais como nas horas de titoría do docente.