Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesións de traballo en que o profesorado explica a contextualización e os elementos necesarios do temario para que o alumnado poda desenvolver o seu traballo posterior.
Obradoiro Nestas sesións, o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, así como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia.
Entre estas actividades poderán contemplarse, alén doutras, a análise de fontes documentais, os comentarios de textos, a resolución de problemas, as prácticas a través de TIC, probas de varia tipoloxía e estudos de casos.
Lecturas No Paso 8 desta Guia, está a relación de obras que o/a alumno/a debe ler ao longo do curso.
Traballos tutelados Traballo escrito en que o/a alumno/a realizará ou ben a edición crítica do(s) texto(s) acordado(s) previamente ou ben o estudo e análise dun tema transversal sobre determinados textos literarios.
Proba mixta Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico con comentario de textos e análise de fontes documentais.