Metodoloxías Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A profesora porá a disposición do alumnado os materiais obxecto de análise. O alumnado deberá ler e analizar estes materiais e participar na exposición das súas conclusións na aula. 30
Presentación oral O/a estudante exporá na aula, durante un mínimo de 20 minutos e un máximo de 1 hora, as súas conclusións sobre un asunto que escollerá de entre os tratados na materia. A exposición será necesariamente oral, aínda que poderá ser completada coa utilización de material audiovisual de apoio. 30
Lecturas As lecturas obrigatorias deben realizarse para poder participar de forma efectiva no seminario e levar a cabo a presentación oral. A porcentaxe de avaliación de cada unha destas metodoloxías inclúe a correspondente á realización das lecturas. 40
 
Observacións avaliación

 


Terá a cualificación de "non presentado" quen non realice a presentación oral ou quen non asista e participe cando menos no 50% das sesións presenciais.



O/a estudante que solicite e obteña dispensa académica terá condicións especiais de avaliación, entre elas a substitución da avaliación da actividade realizada na aula pola entrega da actividade por escrito ou pola realización dunha proba oral, nunha data que se establecerá tendo en conta a disponibilidade do/a estudante.