Datos Identificativos | 2013/14 | |||||||||||||
Asignatura | Recursos bibliográficos e xéneros científicos | Código | 613836005 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición | Cualificación |
Proba mixta | Léanse as "Observacións". | 30 |
Solución de problemas | Léanse as "Observacións". | 30 |
Traballos tutelados | Léanse as "Observacións". | 30 |
Sesión maxistral | Léanse as "Observacións". | 5 |
Seminario | Léanse as "Observacións". | 5 |
Observacións avaliación | ||
1. A CUALIFICACIÓN FINAL na 1.ª OPORTUNIDADE terá o seguinte reparto porcentual:
1.1. Un 30% obterase pola realización dun TRABALLO TUTELADO. 1.2. Un 30% corresponderá a unha PROBA ESCRITA (= PROBA MIXTA) final que se realizará na data, hora e lugar establecidos nos horarios oficiais de exames do centro para a 1.ª oportunidade. Esta proba abranguerá os contidos das sesións maxistrais e das lecturas obrigatorias, e tamén poderá constar de exercicios de aplicación. Os/As estudantes deberán obter unha puntuación mínima de 4 puntos sobre 10 nesta proba para poder superar a materia. 1.3. Un 30% obterase a través da realización de PRÁCTICAS preparadas en horas non presenciais (= OBRADOIRO). 1.4. Un 10% responderá á ASISTENCIA, PARTICIPACIÓN E DESEMPEÑO do/a estudante ao longo do curso (nas SESIÓNS MAXISTRAIS e nos SEMINARIOS). Observaranse o seu aproveitamento e evolución, mais tamén e moi especialmente a súa dinámica na aula, a forma de argumentar, a colaboración cos/coas compañeiros/as e todos aqueles elementos que teñan que ver coa aprendizaxe colaborativa e o traballo en grupo. 2. A CUALIFICACIÓN FINAL na 2.ª OPORTUNIDADE rexerase polas seguintes normas: 2.1. Os/As estudantes que suspendan a materia na 1.ª oportunidade por non acadaren os 4 puntos na PROBA ESCRITA final deberán facer un novo exame escrito do mesmo tipo que o da 1.ª oportunidade na data, hora e lugar establecidos nos horarios oficiais de exames do centro para a 2.ª oportunidade. Cfr. punto 2.2. 2.2. Aos/Ás estudantes que non superen a materia na 1.ª oportunidade incluiráselles a asistencia e participación no reparto porcentual correspondente á proba escrita, de modo que esta terá un valor do 40% na segunda oportunidade. Cfr. punto 2.1. 2.3. Os/As estudantes que suspendan a materia na 1.ª oportunidade e non superen ou non entreguen algunha(s) actividade(s) (= PRÁCTICAS) deberán realizar as actividades substitutivas que se lles encomenden para a 2.ª oportunidade. O profesor fará públicas a(s) actividade(s) que debe realizar cada estudante e as instrucións pertinentes; o prazo de entrega rematará coa celebración da proba escrita da 2.ª oportunidade e o seu valor seguirá sendo o 30% da cualificación final. 2.4. Os/As estudantes que suspendan a materia na 1.ª oportunidade e non acaden o nivel de aprobado no TRABALLO TUTELADO (5 puntos sobre 10) deberán reelaboralo a partir das recomendacións que lles faga o profesor; o prazo de entrega rematará coa celebración da proba escrita da 2.ª oportunidade e o seu valor seguirá sendo o 30% da cualificación final. 3. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO: 3.1. Recibirán a cualificación de NON PRESENTADO (NP) só aqueles/as estudantes que (a) non se presenten á proba escrita e que, ademais, (b) entreguen menos de tres actividades avaliables. 4. ALUMNADO A TEMPO PARCIAL CON DISPENSA ACADÉMICA 4.1. O alumnado matriculado a tempo parcial e con dispensa académica recoñecida |