Datos Identificativos | 2013/14 | |||||||||||||
Asignatura | Idioma Moderno: Francés | Código | 613G01016 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición | Cualificación |
Proba oral | Proba oral que o-a estudante realizará ao rematar o cuadrimestre. Ver en Observacións precisións e ponderacións máis detalladas. |
12 |
Proba obxectiva | Probas escritas da parte práctica e da parte teórico-práctica que o-a estudante realizará nas datas oficiais marcadas polo centro ao rematar o cuadrimestre. Ver en Observacións precisións e ponderacións máis detalladas. |
42 |
Solución de problemas | Actividades da parte teórico-práctica (contidos gramaticais, expresión escrita e comprensión lectora). Inclúe a valoración da asistencia ás aulas. Ver en Observacións precisións e ponderacións máis detalladas. |
30 |
Discusión dirixida | Actividades da parte práctica (léxico, expresión oral, comprensión oral, interacción oral). Inclúe a valoración da asistencia ás aulas. Ver en Observacións precisións e ponderacións máis detalladas. |
16 |
Observacións avaliación | ||
LEA 1. O alumnado ten dúas oportunidades para aprobar a materia: a primeira ao final do primeiro cuadrimestre, e a segunda no mes de xullo (as datas oficiais deben ser contrastadas polo alumnado nos taboleiros oficiais ou na páxina web do centro inmediatamente antes de cada período de exames). 2. A materia está dividida en 2 partes: teórico-práctica [contidos gramaticais, comprensión lectora, expresión escrita] (60% da nota final) e práctica [léxico, expresión, comprensión e interacción oral] (40% da nota final). É necesario obter unha nota mínima global de 5 sobre 10 en cada parte para superar a totalidade da materia. No caso de aprobar só unha parte da materia na primeira oportunidade conservaríase a nota para a segunda oportunidade de xullo. 2.1. En cada parte da materia é obrigatorio realizar e obter unha nota mínima de 5 sobre 10 nunha proba final escrita ao remate do 1º cuadrimestre (na data, hora e lugar recollidos no calendario oficial de exames da facultade). 2.2. Na parte práctica será ademáis obrigatorio realizar e aprobar cunha nota mínima de 5 sobre 10 unha proba oral final, que se realizará nos últimos días lectivos do 1º cuadrimestre. O profesorado comunicará públicamente a data, hora e lugar de realización deste exame oral. 2.3. En cada parte da materia é obrigatorio realizar un conxunto de exercicios ou tarefas de práctica de todas as destrezas obxecto da materia. Normalmente por cada sesión presencial de clase o alumnado deberá realizar un exercicio práctico. Agás causa xustificada e sempre con autorización expresa do profesorado, non se admitirán as actividades entregadas fóra do prazo determinado para cada unha delas. Para que estas actividades poidan ser tidas en conta na cualificación final é preciso ter realizado e aprobado (nota media de 5 sobre 10) o 70% das actividades previstas antes da realización do exame da primeira oportunidade. 3. Tendo en conta o anteriormente exposto, a cualificación final do alumnado responderá ao seguinte reparto porcentual: 3.1. Parte teórico-práctica (60% da cualificación final). a) Un 50% da nota valorará o exame escrito (debe cumprir os requisitos do apartado 2.1.). b) Un 45% valorará as actividades (debe cumprir os requisitos do apartado 2.3.). c) Un 5% corresponderá á asistencia regular ás actividades presenciais e a valoración que mereza por parte do profesorado a participación do alumnado nas distintas actividades presenciais ou non presenciais. Esta parte considérase aprobada se a suma dos apartados a, b, c é igual ou superior a 5 sobre 10. Os contidos e destrezas dos apartados a, b desta parte da materia son recuperables, coas mesmas porcentaxes, na segunda oportunidade de xullo (ver apartado 4). 3.2. Parte práctica (40% da cualificación final): a) Un 30% valorará o exame escrito (debe cumprir os requisitos do apartado 2.1.). b) Un 30% valorará o exame oral (debe cumprir os requisitos do apartado 2.2.). c) Un 35% valorará as actividades (debe cumprir os requisitos do apartado 2.3.). d) Un 5% corresponderá á asistencia regular ás actividades presenciais e a valoración que mereza por parte do profesorado a participación do alumnado nas distintas actividades presenciais ou non presenciais. Esta parte considérase aprobada se a suma dos apartados a, b, c, d é igual ou superior a 5 sobre 10. Os contidos e destrezas dos apartados a, b, c son recuperables, coas mesmas porcentaxes, na segunda oportunidade de xullo (ver apartado 4). 4. O alumno-a alumna que na primeira oportunidade non supere globalmente a materia segundo os criterios anteriormente expostos poderá recuperala totalmente ou parcialmente na oportunidade de xullo (na data, hora e lugar recollidos no calendario oficial de exames da facultade) segundo as porcentaxes e criterios expresados máis arriba. 4.1. De suspender a materia na primeira oportunidade por non acadar a puntuación mínima nos exames escritos ou no exame oral, deberá facelo(s) de novo na segunda oportunidade. A data, lugar e hora de realización do exame oral da segunda oportunidade comunicarase durante a realización do exame escrito. 4.2. De suspender a materia na primeira oportunidade por non acadar a puntuación mínima nas actividades, deberá realizar para a segunda oportunidade unha serie de tarefas substitutivas nas que terá que demostrar ter acadado as competencias da materia nas distintas destrezas. O profesorado da materia fará públicas xunto coas notas da oportunidade de xaneiro de 2014 as instrucións correspondentes (actividades asignadas, datas de recollida e entrega, etc.). 4.3. De suspender a materia na primeira oportunidade e ter unha puntuación de 0 punto no apartado de asistencia en cada parte da materia, a porcentaxe asignada a este apartado (5%) engadirase a unha das partes que haxa que recuperar, nesta orde de prelación: a) exame escrito; b) actividades; c) exame oral. 5. En cada oportunidade de avaliación o alumno-a alumna recibirá a calificación NP de se dar simultaneamente estas dúas situacións: se non se presenta a ningún dos exames oficiais (escritos e oral) e se o número de actividades presentadas for igual ou inferior ao 25% das programadas en cada parte da materia. 6. O estudantado a tempo parcial que teña concedida a dispensa académica pode, sen asistir ás aulas, realizar e entregar as actividades programadas segundo o disposto no apartado 2.3. (as actividades presenciais serán substituidas por outras non presenciais equivalentes). En caso contrario, aplicaráselle o establecido no apartado 4.2. En calquera caso, a porcentaxe asignada en cada parte da materia á asistencia (5%) reasignarase como se indica no apartado 4.3. |