Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesións de traballo en que o profesor contextualiza e explica as metodoloxías e contidos necesarios para que o alumnado poda desenvolver o seu traballo posterior. A sesión maxistral ten carácter teórico.
Obradoiro Sesións de traballo en que o conxunto do alumnado realiza diferentes actividades, derivadas dos contidos das sesións maxistrais, e desenvolve destrezas relacionadas cos obxectivos e contidos da materia: análise de documentos, exposicións, textos comentados, prácticas mediante TIC, probas varias… O obradoiro ten un carácter eminentemente metodolóxico e práctico.
Proba mixta Proba oral ou escrita consistente na exposición dun ensaio orixinal, un comentario de textos ou a análise de documentos relacionados co contexto das obras estudadas. A proba mixta poderá contemplar tamén un apartado de identificación de obras do programa.