Na 1º convocatoria, realizarase un exame teórico, cuxa nota se unirá á obtida nos traballos prácticos realizados durante o curso.

Os alumnos que non superen entón a materia e pasen á 2º convocatoria, realizarán en xullo un exame máis extenso, que constará dunha parte teórica e outra práctica. A cualificación do exame será a nota obtida finalmente na materia.

En calquera das convocatorias, o alumno deberá obter unha nota mínima de 4 no exame para aprobar a asignatura, tal e como establece a normativa da Facultade de Filoloxía.
Os traballos nos que o alumno plaxie serán penalizados cun 0,00.

As probas escritas e os traballos deben realizarse con corrección lingüística: o profesor ou profesora baixará a nota  por erros de acentuación, ortografía, puntuación, concordancia sintáctica. Ou por redundancias excesivas, falta de precisión ou pobreza léxica, uso de abreviaturas ou utilización dun rexistro non formal.

Na primeira oportunidade de avaliación, será considerado NP o alumno que non se presente á chamada "proba mixta", ou exame relativo á parte teórica da materia.

Repetidores ou alumnos con exención de asistencia, por razóns laborais ou doutra índole, deberán poñerse en contacto co  docente ao inicio do curso -e non máis tarde- para a organización da súa docencia.