Discusión dirixida |
O profesor valorará o traballo dos estudantes a diario e o seu compromiso. Teráse en conta a participación activa e a atención prestada. |
10 |
Sesión maxistral |
Dúas probas (unha hacia metade do curso; outra na data asignada para o exame final) nas que o alumnado deberá amosar o seu dominio nos contidos e destrezas traballados nas sesión maxistrais e tamén nos grupos reducidos e seminarios. Deberase acadar unha cualificación mínima de 4 sobre 10 en cada unha das dúas probas para que a nota resultante poida ser sumada á obtida no resto das actividades avaliables. |
50 |
<p>Na oportunidade de xullo os alunos/as realizarán un traballo sobre os textos de estudo(50% da nota) e o exame (50% da nota). Aqueles alunos/as que o longo do curso presentaran traballos satisfactoriamente non teñen que presentar ningun traballo adicional;Os alunos/as que non se presenten ás probas obxectivas da primeira ou segunda oportunidade acadarán a cualificación de Non Presentado se non entregaron mais do 50% das actividades avaliables durante o curso. O alumnado matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa académica deberá porse en contacto co profesorado da materia a principio de curso para planificar cada situación concreta e individual, os axustes necesarios na avaliación, no tocante as porcentaxes de Discusión dirixida;lecturas;traballos tutelados.</p>
|