Obradoiro |
Nestas sesións, o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, ben como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia. Entre estas actividades contémplanse, alén doutras, a análise de textos orais de carácter dialectal, o comentario fonético de textos literarios, as prácticas de transcrición fonética e fonolóxica, a resolución de problemas, as prácticas a través de TIC, probas de varia tipoloxía e estudos de casos. |
Traballos tutelados |
Cada estudante deberá elaborar un traballo, dirixido polo profesor, consistente, por unha parte, na gravación, transcrición e comentario fonético dun texto de procedencia oral, e por outra no estudo teórico dun trazo fonético particular presente naquel e que forme parte da materia do curso. Con este traballo, de que derivará unha presentación oral, preténdese fomentar a aprendizaxe autónoma e o manexo de fontes documentais de diverso tipo. |
Presentación oral |
Exposición oral, na aula, en que cada estudante explicará a metodoloxía, desenvolvemento e resultados da pesquisa realizada no "Traballo Tutelado". |
Recensión bilbiográfica |
Cada estudante deberá entregar a(s) recensión(s) bibliográfica(s) que o profesor indicar ao longo do curso. |