Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesións de traballo en que o profesorado explica a contextualización e os elementos necesarios do temario para que o alumnado poda desenvolver o seu traballo posterior.
Obradoiro Nestas sesións, o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, así como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia.
Entre estas actividades contémplanse, entre outras, a análise de fontes documentais, os comentarios de textos, a resolución de problemas, as prácticas a través de TIC ou o estudo de casos.
Lecturas No Paso 8 desta Guia, atópase a relación de obras que o/a alumno/a debe ler ao longo do curso.
Traballos tutelados Consistirá na análise, seguindo un roteiro fornecido pola profesora, dalgunha(s) das obras de lectura obrigada.
Recensión bilbiográfica Texto escrito, de carácter avaliativo e crítico, de determinadas aportacións bibliográficas que serán marcadas pola profesora.
Presentación oral Exposición oral, na aula, da análise dun ou varios textos, previamente acordados coa profesora.
Proba mixta Consistirá na realización dunha proba escrita relativa aos contidos do programa, e que combinará exercicios de carácter ensaístico con comentario de textos e análise de fontes documentais.