Datos Identificativos | 2013/14 | |||||||||||||
Asignatura | Edición e Comentario dos Textos Galegos e Portugueses | Código | 613G02028 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Obradoiro | Nestas sesións, o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, así como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia. Entre estas actividades contémplanse, alén doutras, a realización de prácticas ecdóticas e de comentarios de textos, a resolución de problemas, as prácticas a través de TIC, probas de varia tipoloxía e estudos de casos. |
Lecturas | Cada estudante deberá facer ao longo do curso unha serie de lecturas obrigatorias que serán seleccionadas e, eventualmente, fornecidas polo profesorado. |
Traballos tutelados | Cada estudante deberá elaborar un traballo, dirixido polo profesorado, escolleito entre unha serie de propostas presentadas no inicio de curso. Con este traballo preténdese fomentar a aprendizaxe autónoma e o manexo de fontes de diverso tipo. |
Proba mixta | Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico, de edición e comentario etc. |
Sesión maxistral | Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia. |