Metodoloxías Descrición Cualificación
Lecturas As lecturas formarán parte esencial do traballo desenvolvido ao longo do curso e os seus contidos terán que ser desenvolvidos en diferentes exercicios e debates que se realizarán nas aulas. 30
Presentación oral O/a estudante terá que argumentar sobre a necesidade de aplicar unha medida ou unha serie de medidas sobre planificación lingüística nun determinado ámbito ou sector. 20
Recensión bilbiográfica Entregaranse por escrito tres recensións bibliográficas sobre lecturas especializadas. 20
Traballos tutelados Cada estudante terá que realizar un traballo sobre algún aspecto relacionado co temario, cuxo tema e cuxa orientación requirirá o visto e prace da persoa docente en sesións de seguimento. Haberá igualmente unha valoración conxunta final. 30
 
Observacións avaliación

Para superar a materia o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Igualmente, na proba mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliábeis/instrumentos de avaliación.


O alumnado terá de entregar os traballos e actividades no prazo fixado. Ao mesmo tempo, todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación.


O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante; se non puider asistir ás titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico.


Na segunda oportunidade, en xullo, o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior.


A cualificación de


NON PRESENTADO/A


será considerada cando o/a alumno/a non asistir ao exame (proba mixta) e/ou cando tiver entregado un número inferior de actividades ao 50%.