Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta Valorarase a corrección e o grao de profundizamento nas respostas, segundo o requirido en cada caso, así como a corrección lingüística. O caso dos estudantes Erasmus será obxecto de consideración especial, aínda que se esixirá igualmente un mínimo de corrección. 40
Sesión maxistral Terase en conta a asistencia ás clases e a participación activa nelas. 10
Traballos tutelados Avaliarase a corrección e profundamento na información proporcionada, a presentación do texto escrito e a corrección lingüística (v. o apartado relativo á proba mixta).
40
Recensión bilbiográfica Valorarase a correcta comprensión do texto obxecto de lectura, a capacidade de análise e síntese, a corrección na presentación do texto escrito e a expresión lingüística (v. supra). 10
 
Observacións avaliación

Se durante o curso se programase algún evento científico ou cultural que a profesora considerase de interese para o alumnado, a participación nel podería pasar a computar na avaliación, o que comportaría unha pequena reestruturación das porcentaxes sinaladas.

O alumno será obxecto de avaliación se realiza dúas actividades avaliables (proba, traballo ou recensión), aínda que non se presente á proba escrita. 

Para ser considerado Aprobado na primeira oportunidade, o alumno deberá realizar como mínimo dúas das tres actividades propostas e obter conxuntamente nelas un 6 ou máis (non se poderá facer media se obtén nalgunha unha nota inferior ao 3), así como obter un mínimo de 4 puntos na proba mixta.

Na segunda oportunidade, o alumno deberá completar a entrega das actividades non realizadas; se o carácter da proba non o permite (presentación oral), deberá realizar outra actividade similar que será indicada pola profesora. O resto das condicións serán similares ás da primeira oportunidade.

O sistema de avaliación será obxecto de adaptación para os alumnos con dispensa académica. En virtude da diversidade de situacións posibles, no seu momento, de darse o caso, indicarase o sentido desta adaptación, de modo que aquelas sesións, probas etc. nas que non poidan participar sexan compensadas con outras.