Metodoloxías Descrición Cualificación
Presentación oral Cada alumno ou alumno terá de realizar unha proba oral, orientada á demostración da súa competencia comunicativa en lingua portuguesa. 20
Traballos tutelados Os traballos individuais e grupais (tanto presenciais como non presenciais) encomendados polo profesorado ao longo do curso suporán un 30% da nota final.
Terase en conta especialmente a aprendizaxe colaborativa.
30
Proba obxectiva O estudantado deberá realizar unha proba obxectiva de comprensión oral e escrita e de produción escrita (exercicios, elaboración de textos breves), en que se avaliarán os coñecementos adquiridos tanto nas sesións maxistrais como nos grupos intermedios e pequenos. 30
Discusión dirixida As intervencións orais de cada estudante durante as discusións dirixidas (conversa) corresponderanse cun 20% da nota final. 20
 
Observacións avaliación

Os/as alunmos/as que teñan matrícula a tempo parcial e/ou dispensa académica deberán realizar os mesmos traballos e probas que os estudantes con matrícula ordinaria. As datas e horas de realización desas probas poderán concertalas a través do correo electrónico.