Metodoloxías Descrición Cualificación
Sesión maxistral Os coñecementos da materia serán avaliados por medio dunha proba obxectiva que terá lugar ao final do cuadrimestre que será valorada cun 80 % da nota total. 80
Obradoiro Os traballos realizados no obradoiro valoraranse cun 10 % da nota total 10
Análise de fontes documentais Teranse en conta as destrezas que o alumno demostre no manexo de fontes e documentos que no seu momento foron indicados co fin de facilitarlle unha mellor comprensión dos distintos temas e obras de lectura obrigatoria. 10
 
Observacións avaliación

Os alumnos con dispensa académica teñen que poñerse en contacto co profesor para fixar o traballo que deben realizar.

Para superar a materia, a cualificación mínima da proba escrita deberá ser de catro puntos sobre dez.