Metodoloxías Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) A idoneidade, coherencia e valor académico do traballo proposto serán tidos en conta na súa cualificación 40
Proba mixta Valorarase o grao de coñecemento da materia que se amose na elaboración de respostas á cuestións teóricas e na boa resolución de cuestións prácticas. Será avaliado igualmente o grao de corrección lingüística do estudante. 50
Presentación oral Habilidade comunicativa e destreza no dominio da lingua oral durante a exposición do proxecto de investigación 10
 
Observacións avaliación

Na aula especificarase os pormenores da realización do proxecto de investigación.


A presentación oral dese traballo (duración e ferramentas empregadas) axustarase ao número de alumnos na materia.


A realización da proba mixta poderá ter carácter oral se o número de alumnos matriculados o permite.


En calquera das convocatorias, o alumno deberá obter unha nota mínima de 4 na proba mixta para aprobar a asignatura, tal e como establece a normativa da Facultade de Filoloxía.


As faltas de ortografía, así como os graves fallos de redacción e coherencia discursiva,  suporán unha redución da cualificación da proba mixta: exactamente de medio punto por cada erro. 


Os/as alumNos/as con matrícula a tempo parcial e dispensa académica deberán realizar os mesmos traballos e probas que os estudantes con matrícula ordinaria