Datos Identificativos | 2013/14 | |||||||||||||
Asignatura | Idioma Moderno 3: Francés | Código | 613G03033 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | Primeira toma de contacto coa materia, na que se desenvolven actividades destinadas a obter información relevante sobre o alumnado e sobre as súas competencias de partida, co fin de articular a docencia de xeito que se favorezan aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos e intereses do alumnado. |
Discusión dirixida | Nesta materia chámase discusión dirixida as aulas e actividades relacionadas coa práctica das destrezas orais (expresión oral, comprensión oral e interacción oral). Estas actividades lévanse a cabo en grupos pequenos e están a cargo do-da profesor-a lector-a. MOI IMPORTANTE: a realización e o aproveitamento destas actividades é fundamental nesta materia, pois é nelas onde se aplican efectivamente as destrezas e os coñecementos adquiridos. Ademáis das actividades que se leven a cabo durante as clases, normalmente por cada sesión presencial de clase o alumnado deberá realizar unha actividade. Estas actividades teñen asignada unha porcentaxe moi importante da nota final da materia (ver apartado Avaliación). |
Lecturas | Ademáis da lectura de textos (literarios, de revistas, de xornais...) nesta materia entendemos por lectura todo o material que o alumnado deberá ler/consultar fóra da aula para a adquisición e asimilación dos contidos e para a realización das actividades da materia. |
Proba obxectiva | Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe. Permitirá avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, etc. en todas as destrezas. Esta proba obxectiva combinará distintas tipoloxías de preguntas. |
Proba oral | Proba en que se avalían as competencias comunicativas do alumnado mediante unha pequena conversa ou entrevista individual. O alumnado terá tamén que ler un texto en voz alta e improvisar situacións suxeridas polo-a profesor-a responsable da proba, que poderá usar textos ou material audiovisual como apoio durante a proba. |
Sesión maxistral | Exposición por parte do profesorado dos contidos relativos a cada un dos temas e subtemas, co apoio de medios audiovisuais e documentación adicional. |
Solución de problemas | Nesta materia chámase solución de problemas as aulas e actividades relacionadas coa gramática e coa práctica da comprensión lectora e da expresión escrita. MOI IMPORTANTE: a realización e o aproveitamento destas actividades é fundamental nesta materia, pois é nelas onde se aplican efectivamente as destrezas e os coñecementos adquiridos. Ademáis das actividades que se leven a cabo durante as clases, normalmente por cada sesión presencial de clase o alumnado deberá realizar unha actividade (exercicio de gramática, redacción, resumo, tradución…). Estas actividades teñen asignada unha porcentaxe moi importante da nota final da materia (ver apartado Avaliación). |