Datos Identificativos | 2013/14 | |||||||||||||
Asignatura | Literatura Irlandesa | Código | 613G03046 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición | Cualificación |
Discusión dirixida | Avalíase a participación e a asistencia a clase. Aportacións aos debates na aula. Pódense recoller pequenos traballos escritos. | 10 |
Traballos tutelados | Avalíanse un traballo longo (7 (minimum)-10 páxinas), en inglés, sobre algún aspecto das lecturas, non visto na clase e diferente para cada un dos alumnos. | 20 |
Presentación oral | Presentación oral, en inglés, na aula, dun aspecto concreto da materia, cun forte impacto visual. Traballo individual ou grupal. | 20 |
Proba mixta | Proba final de naturaleza teórica e práctica (preguntas breves de teoría sobre todo o curso) e parte práctica con un essay e unha análise textual dos materiais lidos no curso. | 50 |
Observacións avaliación | ||
Norma previa. Con carácter xeral, é necesario alcanzar un 4 en calquera das probas para que sexa tida en conta e some co resto. Cando algunha desas probas non alcance a nota especificada recuperarase en xullo, pero a nota media da materia non poderá superar en ningún caso os 4,9 puntos, ata que esa parte da materia sexa recuperada. O resto das cualificacións obtidas serán conservadas até xullo. Os alumnos que non acudan á proba obxectiva, coñecida aquí como "proba mixta", en calquera das dúas oportunidades, recibirán a calificacion de Non presentado (NP) e/ou aqueles alumnos cuxo traballo de curso (ensaios, presentación oral, etc) represente unha porcentaxe inferior ao 50 %. A oportunidade de xullo, ou segunda oportunidade, terá certas peculiaridades. Con carácter xeral, constará tamén dunha proba escrita, mixta, como a anterior, con contidos teóricos e prácticos da materia. Esta proba computará o 50% da nota final. O outro 50 % da oportunidade de xullo se obtedná a tavés dos traballos puntuais que se espefificarán no seu momento e que ha de entregar o examinando o mesmo día da celebración da proba mixto ou obxectiva á que faciamos referencia. Os alumnos matriculados a tempo parcial, que obtivesen unha 'Dispensa académica', deberán contactar cos profesores da materia sempre ao empezar o curso, e, baixo ningún concepto, durante ou ao final do mesmo. Os profesores planificarán en todos eses casos a adaptación curricular para eses alumnos, con referencia tanto ás probas obxectivas como aos traballos que han de entregar ou actividades avaliativas que haxan de levar a cabo. Igualmente estableceranse normas para substituír as porcentaxes daquelas actividades que se deriven da asistencia regular a clase, e que, nestes casos, non poderían realizarse. Os alumnos que sigan a materia sen dispensa académica ou sen xustificacións documentais concretas que aconsellen a súa menor asistencia ás clases deberán cumprir, polo menos, un 90% das sesións presenciais da materia, agás xustificación puntual médica debidamente documentada, derivada de enfermidade durante o desenvolvemento do curso. Os ensaios, traballos ou actividades, incluíndo os que se realicen durante o curso e/ou en clase nos que se comprobe e justifique a existencia de plaxio (copia), de fontes calquera, total ou parcial, serán cualificados invariablemente coa cualificación de 0.0 puntos. |