Metodoloxías Descrición
Presentación oral O alumno seleccionará un tema entre unha lista preparada polos profesores. Unha vez realizado unha primeira análise do tema prepará un índice tentativo que srá consensuado e aceptado polos profesores. O alumno documentarase e preparará de forma independentemente unha presentación en Power-Point e realizará unha presentación en clase.
Sesión maxistral Os diferentes profesores da materia irán presentando en sesión maxistral os diferentes temas da materia. Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Traballos tutelados O alumno seleccionará un tema entre unha lista preparada polos profesores. Unha vez realizado unha primeira análise do tema preparará un índice tentativo que será consensuado e aceptado polos profesores. O alumno documentarase e preparará un documento escrito.
Estudo de casos Os profesores presentarán diferentes casos de problemas ambientais axustados a cada un dos temas da materia. Despois dunha breve presentación incitará aos alumnos a comentar aspectos significativos e posibles alternativas na súa resolución.
Proba mixta profesores elaborarán diferentes probas de análises de asimilación de coñecementos e de aprendizaxe desenvolvida polos alumnos. Estas probas basearanse en test, preguntas curtas e desenvolvemento de temas.