Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Identificar as atribucións docentes e as funcións do profesorado da especialidade de FOL no campo da orientación profesional e valorar a necesidade de formación neste campo. AP1
CM7
Analizar, dende unha perspectiva instituciona,l a evolución e situación actual da orientación profesional no sistema educativo e no ámbito laboral, principalmente, no que fai os aspectos organizativos e funcionais. AP3
CM5
Analizar o desenvolvemento teórico da orientación, coñecer as características conceptuais, as áreas, os principios e os modelos de intervención da orientación profesional e reflexionar sobre as súas implicacións na programación dos contidos de orientación do módulo de FOL. AP1
AP3
AP5
Identifica-los factores que interveñen na inserción laboral e analiza-la súa relación coas áreas de intervención. AP5
Analizar e valorar o currículo oficial das materias e módulos da especialidade de FOL tendo como criterios as características conceptuais da orientación profesional e assúas áreas de intervención. AP1
AP2
Analizar e deseñar programas e recursos de orientación profesional para o ensino secundario, para os programas de cualificación profesional inicial e para os ciclos formativos. AP6
AP7
AP9
CM3
Coñecer as posibilidades de utilización de Internet e da web 2.0 na OP e concretalas na programación das materias da especialidade AP6
AP9
CM6
Analizar e valorar a influenza do xénero na toma de decisións académicas e profesionais e na inserción laboral e identificar os indicadores da desigualdade por razón de xénero no sistema educativo e no mercado laboral. AP5
CM4
Identificar os obxectivos, contidos e principios da orientación profesional non sexista, analizar e deseñar programas ou actividades que integren a perspectiva de xénero. AP1
AP5
AP6
Coñecer e utilizar axeitadamente a terminoloxía do campo da orientación e inserción profesional. CM1