Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais a) Análise da concepción e da presenza de obxectivos e contidos relativos a orientación profesional no currículo do módulo de FOL. (actividade grupal)
b) Análise de programas e actividades de orientación non sexista (actividade grupal)
c) Lecturas complementarias sobre metodoloxía didáctica e fundamentación teórica das programacións de orientación profesional (actividade individual)
d) Análise dos sesgos sexistas nun libro de texto de FOL (actividade grupal)
Sesión maxistral O método expositivo vai ser utilizado para presentar, explicar e sintetizar os contidos dos temas que integran o programa da materia.
Presentación oral Presentación do traballo tutelado
Portafolios do alumno O portafolio do alumnado é unha actividade individual que ha de conter os seguintes apartados:
- Aprendizaxes adquiridas (que sabía /que aprendín, pódese utilizar como criterio de autoavaliación os resultados de aprendizaxes)
- Marcador social creado para a clasificación e xestión dos recursos web útiles para o ensino dos módulos da especialidade
- Reflexión sobre o proceso de aprendizaxe (forma de afrontar o estudo, dúbidas, dificultades e superación das mesmas, temáticas para seguir aprendendo.. )
- Relación coas materias do módulo xenérico e coas materias do itinerario de FOL.
- Aplicación na elaboración do TFM
- Listaxe de cuestións relacionada cos contidos da materia que poden ser obxecto de observación e análise no período de prácticas.
- Elaboración dun mapa conceptual dos contidos da materia e dun glosario de termos.
- Temáticas relacionadas coa materia nas que cómpre seguir formándose.
Estudo de casos Deseño dun programa de orientación profesional que integra o enfoque de xénero para alumnado de PCPI (Programas de Cualificación Profesional Inicial).


Traballos tutelados Deseño dunha proposta de aprendizaxe basada en proxectos para traballar contidos de orientación profesional
Deseño dunha webquest
Proba de resposta breve Cinco preguntas sobre cuestións teóricas e prácticas