Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Deseño dunha proposta de aprendizaxe basada en proxectos ou deseño dunha webquest. (Actividade grupal)
25
Estudo de casos Deseño dun programa de orientación profesional que inclúa a perspectiva de xénero para o alumnado dun Programa de Cualificación Profesional Inicial. (Actividade grupal)

25
Portafolios do alumno Consiste nun informe no que o alumnado descrebe o proceso de aprendizaxe, as aprendizaxes adquiridas e a súa relación co resto das materias do mestrado. (Actividade individual) 20
Proba de resposta breve Cinco preguntas sobre cuestións teóricas e prácticas 20
Análise de fontes documentais - Análise de programas e actividades de orientación non sexista. (actividade grupal)
- Lecturas complementarias sobre metodoloxía didáctica e fundamentación teórica das programacións de orientación profesional (actividade individual).
- Análise dos sesgos sexistas nun libro de texto das materias da especialidade. (actividade grupal)
10
 
Observacións avaliación
O portafolio do alumnado

é unha actividade individual que ha de conter os seguintes apartados:
- Aprendizaxes adquiridas (que sabía /que aprendín, pódese utilizar como criterio de autoavaliación os resultados de aprendizaxes)
- Marcador social creado para a clasificación e xestión dos recursos web útiles para o ensino dos módulos da especialidade
- Reflexión sobre o proceso de aprendizaxe (forma de afrontar o estudo, dúbidas, dificultades e superación das mesmas, temáticas para seguir aprendendo.. )
- Relación coas materias do módulo xenérico e coas materias do itinerario de FOL.
- Aplicación na elaboración do TFM
- Listaxe de cuestións relacionada cos contidos da materia que poden ser obxecto de observación e análise no período de prácticas.
- Elaboración dun mapa conceptual dos contidos da materia e dun glosario de termos.
- Temáticas relacionadas coa materia nas que cómpre seguir formándose

  Ó rematar a materia e na data que se fixe, cada grupo presenta un dossier  coas actividades grupais e a ficha de autoavaliación e coavaliación das actividades grupais.

Para a avaliacion do programa e da docencia van se utilizar os seguintes medios:
- Observacións e reflexións da profesora
- A valoración do alumnado recollida en distintas sesións.
- Cuestionario aplicado ao finalizar a materia