Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
O alumno debe saber: Interpretar as contas anuais dunha empresa para poder analizar a evolución do patrimonio e do seu equilibrio financeiro a curto e longo prazo. Debe tamén aprender a comparar os ratios das contas da empresa cos ratios medios das empresas do seu sector, para realizar unha visión comparada da súa evolución económica e financeira. Debe saber extraer datos históricos da contabilidade analítica que sirvan de base para a construción de modelos de control de custos e a avaliación do proxectos de I+D+i e innovación na empresa. O alumno debe saber facer: Contas Anuais, Análises de Balances,Cadros de Financiación, Elaborar modelos de custos históricos, estándar e baseados nas actividades (ABC), Plans de Viabilidade Económico-Financeira de novos proxectos empresariais. O alumno debe saber integrase en grupos diversos, cooperar con responsables de distintas áreas para recabar información fundamental para a realización de previsións, ter capacidade de organización, capacidade de síntese e capacidade directiva. A1
A7
A8
A10
A12
B1
B2
B3
B5
B6
B7
B9
B10
B11
B12
B13
B14
B17
B18
B19
B22
B23
C3
C4
C5
C6
C7
C8