Datos Identificativos | 2013/14 | |||||||||||||
Asignatura | Economía da Empresa | Código | 730112405 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
1º e 2º Ciclo | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Nas sesións maxistrais abordarase o coñecemento teórico dos dous primeiros módulos. Desenvolveranse conceptos de contabilidade financeira (interpretación, elaboración e análise de contas anuais e estudos de sistemas de custos). Realizaráse en aula convencional apoiándonos en pizarra e uso de presentacións con portatil e canón. |
Solución de problemas | Os problemas da primeira parte son de elaboración de anotacións contables e contas anuais (balances conta de perdas e ganancias, memoria). Os problemas da segunda parte serán de definición de sistemas de custos históricos (custos procesos, pedidos, estándares e análise de desviacións, custos baseados nas actividades ABC) |
Prácticas a través de TIC | Realizaranse modelizacións de sistemas de custos e aplicaránse á resolución mediante a folla de cálculo de sistemas de custos comparados. Realizarase modelización de casos de creación de empresas e de análise económico-financeiro de proxectos de investimento |
Estudo de casos | Estudaremos casos de solucións de problemas de control de xestión e custos en empresas existentes, baseándonos en bases de datos empresariais de carácter económico. Estudaremos os modelos de avaliación que realizan diversas Sociedades e Fondos de Capital Risco e súa aplicación a casos de empresas existentes que contrastaremos coa evolución dos seus datos publicados en bases de datos especializadas |
Proba mixta | Consistirá nunha proba escrita e unha proba realizada en aula de informática sobre diversos casos de contabilidade financeira e analítica |