Código Competencias da titulación
A1 Coñecer a estrutura e ser capaz de elaborar un documento científico-técnico.
A2 Coñecer as ferramentas para o manexo de bases de datos bibliográficas.
A10 Exercicio orixinal a realizar individualmente e presentar e defender ante un tribunal universitario, consistente nun traballo de investigación no ámbito das metodoloxías, técnicas e tecnoloxías específicas da Enxeñaría Industrial e Naval no que se sinteticen e integren as competencias adquiridas nas ensinanzas.
B1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
B5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
B6 Falar ben en público
B7 Aprender a aprender
B8 Resolver problemas de forma efectiva.
B9 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B10 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B11 Traballar de forma colaboradora.
B12 Comportase con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B13 Comunicarse de xeito efectivo nun ámbito de traballo.
B14 Actitude orientada ao traballo persoal intenso.
B15 Capacidade de integrarse en grupo de traballo.
B16 Actitude orientada á análise.
B17 Actitude creativa.
B18 Capacidade para encontrar e manexar a información.
B19 Capacidade de comunicación oral e escrita.
B20 Manexo de sistemas asistidos por ordenador.
B21 Concepción espacial.
B22 Fixar obxectivos e tomar decisións.
B23 Analizar e descompoñer procesos.
B24 Capacidade de abstracción, comprensión e simplificación de problemas complexos.
B25 Motivar ao grupo de traballo.
B26 Capacidade de negociación.
B27 Abertos ao cambio
B28 Vontade de mellora continua.
B29 Positivos fronte a problemas.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.