Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Iranse describindo en clase, mediante utilización de medios audiovisuais, os diferentes elementos que aparecen nos contidos (sensores, actuadores, sistemas de control)

Cando sexa posible, utilizaranse os propios dispositivos durante a exposición.
Aprendizaxe colaborativa Realizaranse prácticas simples asociadas a cada unidade temática, con cada un dos elementos estudados. Verificarase que os alumnos saben montar e utilizar sensores e actuadores, adquirir e xerar sinais, programar un controlador sinxelo.

Finalmente, realizarase un proxecto de sensorización e control dun mecanismo sinxelo, aplicando todos os coñecementos adquiridos nas sesións maxistrais e as prácticas asociadas.