Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada có uso de medios audiovisuais coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Exposición das ideas esenciais dos contidos e proposición de cuestións para fomentar a reflexión e o diálogo entre os estudantes
Proba obxectiva Proba escrita (unha ou varias) utilizada para a avaliación da aprendizaxe. Pode combinar distintos tipos de preguntas: tipo test, desenvolvemento de teoría, problemas, etc.
Estudo de casos Proposición ao alumno dun problema concreto (caso), o cal describe unha situación real da vida profesional, e do que debe ser capaz de analizar unha serie de feitos para chegar a unha decisión razoada.
Prácticas a través de TIC Actividades de carácter práctico sobre os contidos desenvolvidos nun ámbito de coñecemento concreto mediante o uso das Tecnoloxías da Información e da Comunicación.
Traballos tutelados Os traballos tutelados son empregados para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Poderán ser de dous tipos:
- Exercicios propostos: exemplos similares aos da aula que deberán ser resoltos polos alumnos.
- Portafolio do alumno: compendio de varios contidos aplicados a un caso concreto de estudo proposto polo alumno.
Solución de problemas Resolución de exercicios prácticos na aula, os cales servirán para afianzar os contidos traballados e que resolverán unha situación problemática concreta.